yoga, pose, exercise

HÁBITOS SALUDABLES

En 2ºESO temos unha materia denominada PEVS. Son as siglas de “Promoción de Estilos de Vida Saudable”. É unha hora semanal de clase. 

Ter unha vida saudable basesase principalmente en dous aspectos: unha alimentación sana e a práctica de exercicio físico.

O alumnado de 2ºESO tivo que realizar ó longo do curso traballos de búsqueda de información. A continuación imos presentar algúns dos traballos feitos polo noso alumnado na 3ª avaliación. Son traballos relacionados coa práctica de deporte e actividade física.

A nosa rapazada descubriu que o deporte e o exercicio físico non so repercute na prevención de enfermidades cardiovasculares, diabetes, ter músculos e osos fortes, etc, senón que tamén reporta beneficios a nivel de estado de ánimo, psicolóxico e social.

Comezamos cun traballo de ximnasia rítmica.

Neste traballo de ximnasia rítmica principalmente centrouse nos beneficios a nivel físico.

Imos agora presentar un traballo de baloncesto. Nel, o seu autor, tamén incluiu beneficios cognitivos.

Compretamos este traballo con parte doutro tamén do deporte de baloncesto. Nas seguintes diapositivas, a autora amosou ademáis de beneficios a nivel físico outros a nivel psicolóxico e de relación social.

Presentamos agora un traballo sobre o yoga. Aparte dos beneficios o traballo aporta tamén información sobre precaucións a ter en conta para a súa práctica.

Coma conclusión final podemos dicir que o alumnado puido darse conta da cantidade de cousas boas que aporta a práctica do deporte. Iso sí, sabendo practicalo axeitadamente, desbotando hábitos “tóxicos” que transmiten algúns deportistas e medios de comunicación coma poden ser: envexa, egoísmo, humillación, violencia verbal e física, etc.

Estes últimos aspectos non entran na filosofía do fair play.

¡Apaixonémonos pola práctica de deporte e exercicio físico!

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *