Programando…

Nun mundo tan automatizado e dixital como o actual é necesario que as novas xeracións coñezan os segredos da electrónica que os rodea. É por isto que dende segundo da ESO ata cuarto, o alumnado realiza pequenos proxectos robóticos con arduino.

No primeiro ano adquiren os coñecementos básicos sobre os distintos compoñentes electrónicos que empregarán, como poden ser as resistencias, condensadores, bobinas, baterías, transistores, diodos led, etc e tamén o que é unha placa programable de software libre.

Coche eléctrico con sensores
Brazo robótico

Os proxectos que realizan son de diversa dificultade e van dende a programación dun piano ata unha grabadora laser por control numérico, pasando por un brazo-grúa, un medidor de dióxido de carbono, un semáforo de ruido ou un coche eléctrico.

Para estas actidades de programación o alumnado emprega un kit individual de arduino con todos os dispositivos e sensores que precisan, así como un chromebook co complemento ChromeDuino preinstalado. A montaxe e o código realízano no software online Tinkercad, un programa moi sinxelo que tamén utilizan para elaborar deseños 3D. Para traballar con esta plataforma solo deben iniciar sesión coa conta de correo do cole, e ademáis teñen a axuda do profesor tanto de xeito presencial como online ao estar vinculados a unha clase na rede.

Medidor da calidade do aire
Semáforo de ruido

Os códigos e as montaxes eléctricas de todos os proxectos xa realizados poden ser descargados nas seguintes ligazóns:

A última creación de este curso foi unha grabadora láser que funciona á perfección!

Xa temos en mente a nosa web de referencia para buscar que trebello será o próximo reto.

Seguiremos programando…

2 comentarios en “Programando…”

  1. Hola,
    Soy profe de Salesianos de Sarrià y acabo de ver tu trabajo.
    La dirección de correo te puede dar una pista de cómo he llegado a vuestra web 😉
    El brazo robótico lo has diseñado tú o es de instructables?
    Saludos,
    Carlos

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *