Nos estudos de FP Básica, ademais dos módulos técnicos de cada un deles, teñen dous módulos comúns a tódalas ensinanzas: son os módulos de Ciencias Aplicadas e de Comunicación e Sociedade. O alumnado de 1º dos Ciclos da FP Básica do noso Centro (Ciclo de Peiteado e Estética; Ciclo de Agroxardinaría e Composicións Florais) realizaron unha visita o pasado luns 18 de outubro á estación metereolóxica Serantellos, situada nos propios xardíns do Centro, como parte da súa formación académica dentro do módulo de Comunicación e Sociedade.
Na visita, guiada por Secundino (salesiano responsable do envío dos datos da estación metereolóxica á AEMET) o alumnado puido comprobar en primeira persoa como se fai a recollida dos datos que nos proporciona a estación, os distintos aparellos científicos cos que se toman eses datos e como foi a evolución dos mesmos pois por sorte, na estación hai gardados materiais de distintas xeracións, dende cando se facía todo á man a aparellos electrónicos máis modernos.
O alumnado aprendeu o nome e uso das distintas ferramentas e toda a información metereolóxica que cada un deles nos proporciona. Observaron o termómetro e Secundino explicoulles como se fan os diferentes cálculos cos datos recollidos (temperatura máxina, mínima, oscilación térmica, media de temperatura mensual…); o pluviómetro e a forma de calcular os litros de auga caídos (sorte que chovera o día anterior!); as veletas e os anenómetros da estación e, por suposto, a pantalla electrónica onde se recollen datos de maneira dixital da presión atmosférica, da humidade, o ciclo da lúa no que nos atopamos, ademais de datos básicos como a hora, o día e a temperatura.
Para rematar esta actividade e afianzar os coñecementos adquiridos na visita á estación metereolóxica, na seguinte sesión de clase de cada un dos ciclos, o alumnado acudiu á aula de informática para realizar unhas actividades relacionadas cos conceptos vistos anteriormente. Polos resultados obtidos por parte do alumnado parece que a actividade foi todo un éxito.