Este curso comeza con cambios no cole. A implantación da nova FP Básica de Peiteado e Estética deu lugar a unha ampliación das instalacións e o consecuente cambio de aulas. Agora o taller está ubicado na antiga aula de interioridade.
O cambio de emplazamento non modificou o xeito de traballar na aula taller e así o demostra o alumnado de 4ºB, que xa comezou con moito ánimo o primeiro proxecto deste ano.
En segundo da ESO viron o funcionamento dos circuitos eléctricos básicos, en terceiro os circuitos mixtos, e agora no seu derradeiro ano neste centro poñen en práctica todos eses coñecementos realizando a montaxe dunha instalación eléctrica como a que poderían atopar nas súas casas.
Coñecer o funcionamento do entorno que nos rodea é a finalidade fundamental da materia de tecnoloxía. Saber, por exemplo, como unha bombilla se pode encender ou apagar dende un, dous, ou tres interruptores. Se pensamos nas nosas vivendas cada punto de luz ten os seus interruptores repartidos de xeito lóxico dependendo da estancia.
Para esta práctica facilitouselle ao alumnado un panel con canalizacións de tubo corrugado, caixas de montaxe, portalámparas, caixa de derivación e dispositivos electricos. Tamén teñen a súa disposición as ferramenta necesaria para poder traballar de xeito cómodo.
As montaxe que deben realizar van dende un interruptor simple que acende unha bombilla ata tres interruptores en cruzamento con base de enchufe.
Pouco a pouco os complicados circuitos van collendo forma e a luz acende.
A partir de agora, se algún día a instalación eléctrica deixa de funcionar no seu dormitorio, poderán explicarlle ao electricista o problema sen empregar a expresión “o chisme non vai”.