A FP básica tamén traballa no laboratorio

Os alumnos e alumnas da FP básica de Agroxardinería e Composicións Florais acudiron ó laboratorio do noso centro para comprobar e realizar por eles mesmos as mesturas e disolucións estudadas neste trimestre.

A finalidade desta práctica foi:

  • Traballar con diferentes substancias homoxéneas (aceite, vinagre, alcol, xabón líquido, café, sal e lentellas) e investigar se o resultado das diferentes mesturas eran homoxéneas ou heteroxéneas.
  • Practicar as matemáticas. Calcular a concentración das diferentes disolucións.
  • Separar mediante diferentes técnicas as mesturas e recuperar así as substancias mesturadas por separado.
  • Afianzar as normas do laboratorio e traballar con tódolos materiais que temos á nosa disposición.

No laboratorio é moi importante a orde a e limpeza para evitar contaminacións, por iso o alumnado traballou en grupos pequenos e seguindo sempre as normas do laboratorio.

Mesa de laboratorio con todo o material necesario para facer as prácticas de Ciencias Aplicadas na FPB.

Como podedes comprobar, o alumnado está moi concentrado nas prácticas e sobre todo moi felices cos resultados obtidos.

Na técnica de separación por decantación é moi importante a paciencia (como mostra Álex), xa que debemos esperar que a mestura heteroxénea se separe en dúas fases ben diferenciadas. Neste caso, mesturouse auga e aceite e grazas a esta técnica podemos volver ter auga e aceite en dous recipientes por separado.

Para finalizar a práctica, mesturáronse os diferentes líquidos e comprobouse que cada un deles teñen diferente densidade e como se distribúen na probeta. Foi una práctica moi visual e moi intuitiva que axudou a afianzar os conceptos aprendidos durante o último trimestre deste curso.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *