Iniciativa emprendedora: o alumnado de Agroxardinaría coñece outras alternativas de estudio e de traballo.

O xoves 20 de maio os alumnos e as alumnas de FP Básica de Agroxardinaría visitaron as instalacións do Obradoiro de Emprego “Cambados Rutas Xacobeas Camiño de Santiago” do concello de Cambados. Da man de Enrique, director do centro, coñeceron as instalacións do obradoiro e os módulos que se están desenvolvendo actualmente nas instalacións como o obradoiro de xardinaría-forestal, albanelería, xestión de residuos e tempo libre. Tamén lle transmitiu a importancia que ten formarse adecuadamente para poder ser un profesional no traballo e lles recalcou que o que buscan as empresas son persoas responsables, que sexan bos profesionais, independentes e, sobre todo, con ganas de traballar.

Enrique explicoulles o funcionamento dos obradoiros e as actividades que desenvolvían en cada una das aulas.

Creo que a aula que mais lle gustou foi a do obradoiro de tempo libre!. Mirade Thomas que contento está e os demais tamén!

Tamén lles ensinou as intalacións do invernadoiro e lles explicou polo miúdo a maquinaria coa que traballaban.

Aproveitando a saída visitamos os xardíns e zonas de lecer do concello de Cambados onde os alumnos do Obradoiro da especialidade de Agroxardinaría-Forestal desenvolven o seu traballo diariamente: as ruínas de Santa Mariña Dozo, situadas nas proximidades do monte de A Pastora, o mirador do monte de A Pastora e a Torre de San Sadurniño.

No monte da Pastora detivémonos a observar as diferentes especies vexetais que hai na zona, como unha fermosa sobreira (Quercus suber L.) e parámonos un rato na capela a descansar e falar un pouco sobre historia da capela e do monte.

Á volta fixemos unha pequena parada na Torre de San Sadurniño, onde tamén falamos de diferentes especies vexetais que hai na zona, incluso dalgunha especie mariña como o pirixel de mar (Crithmum maritimum L.) que é unha especie comestible que algún saboreu e quedou sorprendido do seu sabor. Por se algún está interesado en coñecelo aquí vos deixo un enlace: https://floradegalicia.wordpress.com/2020/10/12/crithmum-maritimum/

Temos que darlle as grazas a Enrique por dedicarnos parte do seu tempo e por insistirnos na importancia que ten a formación constante dun bo profesional. Grazas tamén aos formadores dos obradoiros : Juan, Paula, Ignacio e María por dedicarnos un ratiño do seu tempo.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *