Recibimos a visita de «Slow Food» Compostela

Este mércores, 19 de maio, os alumnos e alumnas de FP Básica de Agroxardinaría e Composicións Florais recibiron a visita da presidenta e da secretaria da asociación Slow Food Compostela, Leonor Lorenzo e Rocío García. A finalidade da visita foi darnos a coñecer a filosofía da asociación, que defende a biodiversidade agroalimentaria e o compromiso ético cos productores, fomentando os hábitos saudables de alimentos e de estilo de vida e, sobre todo, a produción e o consumo local presentándonos tamén a «II Campaña Come Local».

Se queredes coñecer máis sobre esta asociación , aquí tedes a ligazón: https://www.slowfoodcompostela.es/2017/09/slow-food.html

Os alumnos tamén quixeron mostrar todo o traballo que levan feito dende o inicio de curso ata agora. Claro está que aínda nos quedan un montón de cousas por facer, pero ganas non nos faltan, así que seguiremos con forzas ata o final!

Temos que darlle as grazas a Leonor e a Rocío por facernos ver a importancia do consumo de productos locais e, sobre todo, da IMPORTANCIA DE PRODUCIR SENDO RESPONSABLES CO MEDIOAMBIENTE. Que saibades que niso estamos, intentando mellorar cada día!

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *