Este mércores, 19 de maio, os alumnos e alumnas de FP Básica de Agroxardinaría e Composicións Florais recibiron a visita da presidenta e da secretaria da asociación Slow Food Compostela, Leonor Lorenzo e Rocío García. A finalidade da visita foi darnos a coñecer a filosofía da asociación, que defende a biodiversidade agroalimentaria e o compromiso ético cos productores, fomentando os hábitos saudables de alimentos e de estilo de vida e, sobre todo, a produción e o consumo local presentándonos tamén a “II Campaña Come Local”.
Se queredes coñecer máis sobre esta asociación , aquí tedes a ligazón: https://www.slowfoodcompostela.es/2017/09/slow-food.html
Os alumnos tamén quixeron mostrar todo o traballo que levan feito dende o inicio de curso ata agora. Claro está que aínda nos quedan un montón de cousas por facer, pero ganas non nos faltan, así que seguiremos con forzas ata o final!
Temos que darlle as grazas a Leonor e a Rocío por facernos ver a importancia do consumo de productos locais e, sobre todo, da IMPORTANCIA DE PRODUCIR SENDO RESPONSABLES CO MEDIOAMBIENTE. Que saibades que niso estamos, intentando mellorar cada día!