O xoves 22 de abril, os alumnos/as de FPB Agroxardinería e Composicións Florais realizaron unha saída a un invernadoiro hortícola situado en Castrelo e que forma parte da Cooperativa Horsal .
O obxectivo desta visita foi afondar nos contidos relacionados coas instalacións de infraestrutura de protección, sistemas de rego, produción de planta, acondicionamento da planta para a súa comercialización, control biolóxico, trampas cromáticas, agricultura ecolóxica, os fitofortificantes, plantas aromáticas, iniciativa emprendedora…e, ademais de todo iso, gozar dunha xornada de convivencia cos compañeiros/as de curso.
Está claro que estas visitas sempre son memorables, pero o son aínda máis cando te atopas cunha anfitrioa como a que nos tocou a nós, Ana Amoedo!
A verdade é que con ela todo parecía súper sinxelo, con explicacións moi claras e cun amor pola natureza espectacular.
Púxonos ao día sobre as “últimas tendencias” na agricultura, o respecto ao entorno buscando a redución (ou eliminación completa) dos produtos químicos fitosanitarios intentando empregar alternativas para o control de pragas e enfermidades co uso de trampas cromáticas, control biolóxico, plantas aromáticas ….
Eiruga que ataca ao repolo. Nerea ensinando a diferenza nos cortes dos repolos.
Ana queremos agradecerche a túa atención, amabilidade, paciencia e darche as grazas por deixarnos facer prácticas no teu invernadoiro. Sobre todo por confiar e explicarnos todas as túas experiencias, por deixarnos practicar cos teus tomates e os teus pementos, por deixarnos cortar eses fermosos repolos e por explicarnos todo sobre eses “bechos” que viven na nosa terra cos que hai que saber convivir dunha maneira sostible. Unha aperta moi forte e ata pronto.