Hoxe, o alumnado de FPB de Agroxardinaría recibiu a visita de Rosana, unha produtora de flor da comarca. Rosana explicounos os traballos necesarios na plantación de crisantemo: preparación do terreo, delimitación de bancais, plantación, entutorado, eliminación de brotes naturais, abonado, tratamentos fitosanitarios e enfermidades e pragas mais comúns . Ademáis elaborou xunto con nós uns centros florais para que o alumnado tomara contacto co material de floraría e coas distintas variedades de verdes e flores de crisantemo.
Os rapaces e as rapazas estaban nerviosos pola chegada de Rosana, hoxe era o seu primeiro día en contacto coas flores e non sabían por onde “cortar”. Rosana explicounos algúns dos distintos tipos de verdes que se poden empregar nos centros florais como a aralia, fieito de río, eucalipto “baby blue”, thuja, leucodendro, aspidistra, camelio, magnolio, formio, esparraguera, mostera, palmito…
Así que aproveitamos o verde que tiñamos polos xardíns do colexio para empregar nos nosos centros de flores que fixemos hoxe. E unha vez coñecidos os conceptos básicos, o alumnado púxose mans á obra.
E empezaron cos primeiros pasos …
Con moita ledicia, conseguiron rematar os centros de flores, con algunha dificultade que otra , pero sen deixar de intentalo! Se non que llo digan a estas follas namoradas!
E así quedou o traballo final do noso alumnado! Ánimo rapaces! A próxima será moito mellor!
O meu sincero agradecemento a Rosana por todas e cada unha das explicacións que nos deu hoxe, por pasar o seu tempo con nós e polas flores coas que nos agasallou! Moitas grazas Rosana de parte de todos! Ata pronto.