Os alumnos e alumnas da FP básica de Agroxardinería e Composicións Florais acudiron ó laboratorio do noso centro para comprobar e realizar por eles mesmos as mesturas e disolucións estudadas neste trimestre.
A finalidade desta práctica foi:
- Traballar con diferentes substancias homoxéneas (aceite, vinagre, alcol, xabón líquido, café, sal e lentellas) e investigar se o resultado das diferentes mesturas eran homoxéneas ou heteroxéneas.
- Practicar as matemáticas. Calcular a concentración das diferentes disolucións.
- Separar mediante diferentes técnicas as mesturas e recuperar así as substancias mesturadas por separado.
- Afianzar as normas do laboratorio e traballar con tódolos materiais que temos á nosa disposición.
No laboratorio é moi importante a orde a e limpeza para evitar contaminacións, por iso o alumnado traballou en grupos pequenos e seguindo sempre as normas do laboratorio.
Como podedes comprobar, o alumnado está moi concentrado nas prácticas e sobre todo moi felices cos resultados obtidos.
Na técnica de separación por decantación é moi importante a paciencia (como mostra Álex), xa que debemos esperar que a mestura heteroxénea se separe en dúas fases ben diferenciadas. Neste caso, mesturouse auga e aceite e grazas a esta técnica podemos volver ter auga e aceite en dous recipientes por separado.
Para finalizar a práctica, mesturáronse os diferentes líquidos e comprobouse que cada un deles teñen diferente densidade e como se distribúen na probeta. Foi una práctica moi visual e moi intuitiva que axudou a afianzar os conceptos aprendidos durante o último trimestre deste curso.