Reciclamos as células

O alumnado dos CFGB de Agroxardinería e Composicións Florais e de Peiteado e Estética de 1º curso elaboraron unhas maquetas das células animal e vexetal con materiais reutilizados.

Mediante esta actividade colaboramos no Plan Proxecta 2024/2025, unha iniciativa que tomou o centro dende o inicio de curso, e onde tódalas materias de tódolos cursos estamos implicadas. O noso proxecto chámase por un medio de vida, e pretende concienciar ao alumnado do problema da sobreexplotación do planeta e a degradación que a través dos residuos estamos a provocar. Por ese motivo, unha das normas da creación da maqueta foi que tódolos materiais tiñan que ser usados e empregalos para darlle unha segunda oportunidade.

Velaquí tendes algunhas das súas obras de arte que fixeron para a materia de Ciencias Aplicadas:

A verdade é que fixeron un gran traballo! Noraboa rapazada! As próximas seguro que saen espectaculares!

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *