Alumnos de 2º de imaxe persoal nas prácticas de maquillaxe

Samaín ou Halloween? Con cal te quedas?

A chegada do mes de novembro marca o inicio dunha festa moi especial, con
multitude de manifestacións populares por todos os recunchos do país. É o Día de
Defuntos, a celebración cristiá dedicada aos fieis que xa non están connosco.

O día de defuntos, segue á festa de Todos os Santos no Santoral católico, e hai
constancia escrita de que as súas orixes remóntanse a hai mil anos, a principios do
século XI d.C.

Ata non hai moito, pensábase que os falecidos visitaban as igrexas e ermidas nestas
datas onde se celebraban misas pola súa alma, mentres que nas casas era habitual
preparar a comida para os familiares vivos, pero pensada como unha maneira de
honrar aos defuntos.
As ánimas volvían así por un día ás súas antigas casas, para quentar xunto á lareira e
comer en compañía dos seus familiares vivos, quitando así a definitiva tristeza do
cemiterio.

Moitos estudosos coinciden en sinalar o Samaín como a orixe da maioría das tradicións
asociadas aos defuntos, dende a propia festa cristiá ata outras manifestacións hoxe
estendidas polos cinco continentes, entre as que se atopa o famoso Halloween de
disfraces e cabazas con forma de caveira.

O Samaín (na súa orixe gaélica, Samhain, que significa novembro ou “fin do verán”)
celebrouse hai miles de anos en todo o territorio celta cara á noite do 31 de outubro
ao 1 de novembro, con motivo da conclusión da época da vendima e a chegada do
inverno.
Foi no século XIX cando a tradición do Samhain foi exportada aos Estados Unidos
desde países como Escocia e Irlanda, cuxa poboación emigrou masivamente a
Norteamérica debido ás fames que asolaron Europa a mediados de século.
Esta é a orixe do Halloween de hoxe ((termo derivado de All Hallows’ Eve, ‘Víspera de
Todos os Santos’), unha festa que despois se reimportou ao noso continente nun
intento de afastar as nosas tradicións máis arraigadas: precisamente aquelas que
deron orixe e sentido ao actual rito de reverencia os mortos.

En Galicia, a morte vívese dun xeito moi especial. Un cemiterio tradicional galego
estará sempre preto da vila, xa que é habitual que os veciños acudan a pasear e gozar
da tarde lembrando aos ausentes. Pódese perder unha comuñón, un bautizo ou unha
voda, en xeral en toda Galicia, é moi grave non asistir ao día de defuntos ou á misa de
“cabo de ano”.

fonte: https://sabersabor.es/galicia-cedeira-y-el-samain-la-noche-celta-de-los-difuntos/

Alumnos de imaxe persoal de 2º Maquillaxe ano 24/25

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *