Limpiarousa nos Salesianos

Este ano, o Colexio Salesianos A Mercé partipará no Plan Proxecta que oferta a Xunta de Galicia, concretamente traballaremos no plan de Recíclate con Sogama. É un proxecto de gran repercusión social, onde todo o alumnado participará dende as diferentes materias e terá a oportunidade de aportar o seu gran de area. Tanto o alumnado que cursa os diferentes niveis da E.S.O. coma o alumnado dos ciclos formativos de grao básico realizarán diferentes actividades en tódalas materias vinculadas co proxecto de reciclaxe.

Para motivar ó alumnado, e sobre todo dar exemplo das accións sinxelas que podemos facer cada un de nós, convidamos a Limpiarousa, unha agrupación de voluntarios que procura manter a contorna libre de lixo facendo batidas e limpeza en diferentes praias. Ademáis, tamén colaboran en estudos sobre o impacto do lixo no mar.

Nesta xornada tivemos o pracer de coñecer a Ánnika, unha das fundadoras de Limpiarousa. Explicounos como comezou esta iniciativa, e como realizan esta labor social no seu tempo de ocio. Todo empezou limpando as praias un 6 de xaneiro, a causa do vertido dos pellets, e avisando a través das redes sociais da colaboración cidadá. Esta chamada fixo que chegaran case 1000 persoas para limpar as praias e colaborar nese desastre medioambiental.

Explicounos que nas batidas de limpeza que realizan están moi preocupados polos biosoportes, que son uns elementos que se atopan en diferentes industrias e que axudan a depurar as augas. O problema de que se atopen esos biosoportes nas praias é que o proceso de depuración non é tan efectivo, xa que se aparecen estos elementos, hai fugas nas instalacións, e co tempo vanse degradando formando microplásticos que chegan á cadea alimentaria.

O labor que realiza Limpiarousa é moi importante. E a mensaxe que nos trasmitiron coa súa experiencia é que non se precisa moito para axudar, únicamente unhas bolsas para o lixo, luvas e moitas ganas de colaborar.

Dende as súas redes sociais (Instagram e Facebook) organizan batidas de limpeza en diferentes puntos da contorna ás cales estamos convidados a participar.

É moi importante que todos colaboremos realizando pequenas accións, e dende o noso centro educativo, creemos que o noso alumnado pode formar parte do cambio.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *