CAMIÑANDO XUNTOS

O 26 e 27 de setembro, co gallo da campaña da convivencia, para  arrincar con bo pé o curso ( nunca mellor dito!) puxémonos en camiño ata Santiago de Compostela un grupiño de 24 rapaces e rapazas de 3º e 4º da ESO e  de 1º e 2º de CFGB mais catro profes acompañantes.

O obxectivo era múltiple:

  • Coñecerse máis a si  mesm@s, sobretodo os propios límites físicos e mentais que pode supoñer  camiñar durante kilómetros (grao de tolerancia á frustración, resiliencia…).
  • Coñecer e entablar relación con alumnado doutros colexios salesianos galegos ao chegarmos a Santiago.
  • Presentar a alternativa de SER e de VIVIR  en clave cristiá (convivindo dende o respecto e axuda mutua, agradecendo a vida que temos).

E a valoración deles foi positiva: á rapazada gustoulle encontrarse con alumnos e alumnas de colexios salesianos e coñecerse máis como compañeiros e compañeiras de centro. 

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *