Viaxe a Sálvora 2024

Durante a derradeira semana do curso o alumnado do noso centro tivo a oportunidade de desfrutar dunha saída cultural na que descubrimos parte do medio natural que nos rodea.

Comezamos a xornada embarcando en Tragove para dirixirnos á Illa de Sálvora, que forma parte do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.

Alí fixemos unha ruta guiada ó faro, actualmente en proceso de musealización, e á antiga aldea, cos seus característicos hórreos.

Tivemos ocasión de aprender sobre a fauna e a flora autóctona, especialmente sobre a cría da gaivota, que se atopa nesta época en pleno proceso, e descubrimos algunha especie de planta que se da só nestas illas, como a Linaria Arenaria, da man das marabillosas guías de @alecrin_actividades_aventuras.

Ademais, durante a viaxe de volta en barco, tivemos a oportunidade de observar unha familia de arroaces que nos acompañou durante parte do traxecto a bordo do Novo Delfín de @crucerosriasbaixas.

Tralo desembarco no Porto do Grove, dirixímonos á Illa da Toxa na que desfrutamos dun momento de xantar e convivencia entre alumnado e profesorado.

O alumnado de 3º ESO organizou para a xornada de tarde unha fantástica “búsqueda do tesouro” que nos axudou a descubrir distintos recunchos da illa e a pasar un rato moi divertido, resultando campión un equipo de 1º ESO.

Voltamos a casa cun gran sabor de boca!.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *