Estes días de febreiro o alumnado anda a cantar. Coincidindo con este tempo de entroido, que mellor tempo para a práctica do canto. E que mellor peza para esta avaliación que o “The Lion Sleeps Tonight”, coñecida peza procedente da banda sonora da película “O Rei León”.
A través do canto e desta peza indagamos en cousiñas como no uso de varias voces, a xeración de armonías simples no coro, a vocalización, a respiración para ter un bo son, a proxección do son…
O traballo de canto apórtanos innumerables leccións non só musicais pero tamén de disciplina, traballo en equipo e autoconfianza. Enfrontarse á actuación nun escenario tamén ten repercusións a nivel persoal moito máis alá das artes.
A música segue a soar en Serantellos.