TEMPO DE GUERNICA

O 31 de xaneiro, aproveitando a celebración eucarística de D. Bosco, o alumnado de 3º ESO relizou unha performance artística para conmemorar o Día Escolar da Non Violencia e a Paz.

No remate da 1ª avaliación o alumnado traballou nunha tarefa de EPVA, na que se reinterpretaba o impresionante Guernica de Pablo Picasso.


Neste traballo realizamos unha reinterpretación da obra a través da experimentación con diferentes materiais e técnicas artísticas.
Dividimos o cadro en catorce seccións de formato A3 e traballamos de forma simultánea dous Guernicas por aula.
Na fase de boceto o alumnado tivo que perfilar a escala cromática experimentando con materiais artísticos e aplicando diferentes técnicas pictóricas.
A tarefa non foi sinxela, pois o Guernica, traballado nunha escala de grises tan simple, dificultaba atopar distintos útiles cos que plasmar a cor orixinal. Ceras, acuarelas, acrílicos, rotuladores, lápices, papel de periódico foron algúns dos recursos utilizados.
Durante esta fase de boceto intentouse exprimir cada útil ao máximo practicando moitas técnicas antes da selección final.
Difuminado, collage, tramas, texturas, frottage, técnicas humedas, rotulado, gouache son algunhas das técnicas que poderedes observar se prestades atención a nosa Reinterpretación do Guernica.

Na performance, os alumnos e alumnas de 3º foron pegando nunha carteleira os distintos fragmentos do cadro, mentres dous compañeiros recitaban a letra da canción, “Decimas para el Guernica” de Jorge Drexler. Un poema cargado de sentimento e realismo que nos lembra que en moitas partes do planeta seguen a vivirse tempos de Guernica.

A composición collage do Guernica lucíu impresionante no altar da Igrexa e formou parte das petición sobre un mundo en paz e sen guerras.

Agradecemos ao resto do alumnado do cole que se unise a nós neste xesto tan importante que conmemoramos todos os meses de Xaneiro.

Grazas a todos e todas.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *