PROXECTO DE ELECTRICIDADE 4ºESO

O alumnado de tecnoloxía de 4ºESO fixo os proxectos da unidade didáctica de electricidade para a primeira avaliación. Dous dos tres grupos foron capaces de rematalo, a pesar de que polo camiño se atoparon dificultades, xa que nos grupos destaca a cooperación e o compañerismo. Os materiais empregados foron na súa maioría reciclados doutros obxectos que xa tiñan na casa, ou do material co que contaban na aula-taller de tecnoloxía.

Un dos proxectos consiste nun molino de vento que ten unha pila que lle transmite enerxía electrica ao motor para que sexa capaz de mover as aspas.

O outro proxecto consiste nun circuito no cal unha pila transmite a enerxía eléctrica para acender unha farola, cunha bombilla, e mover as aspas dun molino, cun motor.

Dar a noraboa a todos os alumnos e alumnas polo seu traballo e esforzo e polos resultados tan orixinais.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *