O 28 e 29 de setembro, co gallo da campaña da convivencia, para arrincar con bo pé o curso ( nunca mellor dito!) puxémonos en camiño ata Santiago de Compostela un grupiño de 30 rapaces e rapazas de 3º e 4º da ESO e de 1º e 2º de CFGB mais catro profes acompañantes.
O obxectivo era múltiple:
- Coñecerse máis a si mesm@s, sobretodo os propios límites físicos e mentais que pode supoñer camiñar durante kilómetros (grao de tolerancia á frustración, resiliencia…).
- Coñecer e entablar relación con alumnado doutros colexios salesianos galegos ao chegarmos a Santiago.
- Presentar a alternativa de SER e de VIVIR en clave cristiá (convivindo dende o respecto e axuda mutua, agradecendo a vida que temos).
E a valoración deles foi positiva: á rapazada gustoulle encontrarse con alumnos e alumnas de colexios salesianos. Iso si, non faltou a queixa pola climatoloxía “extrema” que nos tocou: tempo chuviñento en moitos tramos do camiño e calor sufocante na volta, pero… this is tipical Galicia?!!