Nestes días celebrouse o Samaín en moitos lugares e no noso taller tamén quixemos facer algo relacionado con esta festividade, polo que decidimos realizar unhas maquillaxes moi especiais.
O alumnado de 1º de Peiteado e Estética elaborou a súa versión de maquillaxes terroríficas e sentímonos moi orgullosos dos resultados.
Están tan serios que dan medo!
Os traballos realizados fixéronse en grupo, son un gran equipo.
Foi unha xornada diferente, na que o pasamos xenial no medio de cores e pinceis.