NOF

Normas de Organización e Funcionamento

A convivencia da nosa Comunidade Educativa precisa que as condutas individuais se adapten a unhas normas xerais as cales farán posible o desenvolvemento da actividade académica e das relacións interpersoais. A continuación indícanse as fundamentais:

  1. Respecto ás persoas que forman a Comunidade Educativa dentro e fóra do Centro.
  2. Favorecer unha conduta solidaria cos compañeiros, tolerante ante a diversidade e non discriminatoria.
  3. Utilizar un vocabulario correcto e adecuado.
  4. A asistencia a clase é obrigatoria. As faltas de asistencia deben ser debidamente xustificadas á persoa titora por escrito, con anterioridade á ausencia, se é posible, ou ben o primeiro día de incorporación á clase. Protocolo de absentismo.
  5. O alumnado non pode ausentarse do Centro durante o horario lectivo sen a autorización expresa da persoa titora e baixo previa petición por parte das familias.
  6. O alumnado debe ser puntual na asistencia a clase, tanto ao principio da xornada como despois dos recreos.
  7. O alumnado debe coidar o material e mobiliario do Centro. É deber de todos e de todas o mantemento e a limpeza do Centro. Os estragos orixinados polo mal uso ou por neglixencia serán custeados polo autor/ autora.
  8. É responsabilidade do alumnado traer o material necesario para o desenvolvemento das distintas áreas de estudo.
  9. Durante os períodos de recreo, o alumnado non poderá permanecer nas aulas, nas escaleiras nin nos corredores. Os lugares propios dos recreos son o patio, o pórtico e a sala de xogos.
  10. O alumnado deberá presentarse no Centro ben aseado e vestido de forma axeitada; por outra banda, o uso de gorras, viseiras, carapuchas etc. estará limitado aos espazos exteriores.
  11. Durante os períodos de recreo e no comedor as mochilas, os bolsos e as bandoleiras deben permanecer nas aulas.
  12. Está prohibido traer ao colexio teléfonos móbiles, smartwatch, aparatos de música, cámaras fotográficas e todo material que non sexa escolar sen autorización previa.
  13. De acordo co Real Decreto 193/1988, do 4 de maio, no recinto escolar está prohibido fumar. Así mesmo, está prohibido empregar cigarrillos electrónicos/ vapeadores.

O incumprimento destas normas será sancionado polo profesorado en xeral, a Xefatura de Estudos, a Dirección ou o Consello Escolar en cada caso, de acordo coas disposicións legais vixentes e segundo as Normas de Organización e Funcionamento  do Centro (NOF).