Política de Calidade

A nosa Política de Calidade

O noso colexio pon o alumnado no centro da súa acción educativa buscando a formación da persoa segundo as ensinanzas de Don Bosco: axudar os mozos a ser “honrados cidadáns e bos cristiáns”

Os nosos valores

Somos educadoras e educadores comprometidos no desenvolvemento dos  valores propios do noso patrimonio educativo:

 

  • Acollida incondicional á persoa.
  • Confianza nas mozas e mozos.
  •  Atención preferente polas persoas máis necesitadas.
  • Respecto á vida.
  • Esforzo como instrumento de crecemento.
  •  Construción dun mundo máis solidario, xusto e pacífico.
  • Apertura á Transcendencia, a Deus.

A nosa misión

Somos unha Escola Salesiana que mira ao futuro coa responsabilidade de continuar o patrimonio pedagóxico e carismático de Don Bosco, e coa esperanza de dar unha resposta adecuada ás nenas/os e mozas/os de hoxe.

A nosa visión

Pretendemos ser unha escola inclusiva que acolla a todos e  cada un, cun talante baseado na proximidade e na creación dun ambiente educativo rico en valores evanxélicos ao estilo do Sistema Preventivo de Don Bosco. 

Buscamos unha educación integral que axude a crecer como persoa e como cristián, soñando un mundo mellor. 

Favorecemos unha escola a tempo completo:  tempo libre educativo e conciliación familiar.

Apostamos pola innovación pedagóxica: as novas metodoloxías, o plurilingüismo e as tecnoloxías como instrumentos pedagóxicos.

Avalamos o protagonismo do alumnado no proceso de ensino-aprendizaxe, e aspiramos desde o sentido crítico á construción dun mundo máis humano.