Programando…

Nun mundo tan automatizado e dixital como o actual é necesario que as novas xeracións coñezan os segredos da electrónica que os rodea. É por isto que dende segundo da ESO ata cuarto, o alumnado realiza pequenos proxectos robóticos con arduino. No primeiro ano adquiren os coñecementos básicos sobre os distintos compoñentes electrónicos que empregarán, …

Programando… Leer más »

Apaixonados polo coidado

O coidado propio e da nosa comunidade educativa é unha prioridade no noso centro, por iso decidimos realizar unha formación sobre primeiros auxilios. As técnicas aprendidas apórtannos seguridade e favorecen a prevención de situacións de risco, tanto para nós como para toda a comunidade educativa da que formamos parte. As doutoras Helena Abadín e Alba …

Apaixonados polo coidado Leer más »

Namorados da vida

O alumnado de 2º de FP básica de Agroxardinería e composicións florais estivo a realizar estes días actividades relacionadas co día dos namorados. O alumnado elaborou diferentes montaxes como tarros de cristal con cactus, centros de flores, photocall, cruces de Santa Bríxida, lapiseiros de bambú, sobres de sementes, chaveiros con material reciclado, colgantes e pulseiras …

Namorados da vida Leer más »

Apaixonados polo UKELELE!

Tamén nós, en Salesianos, estamos apaixonados polo ukelele. Este pequeno instrumento de corda ten alterado ao alumnado do noso cole, moitos foron os que se apuntaron este curso á actividade dos luns coa intención de aprender a tocalo. O ukelele​ é un instrumento de corda pulsada, utilizado como instrumento principal na música das illas Hawai, …

Apaixonados polo UKELELE! Leer más »

Ludificación nas clases de Matemáticas.

A aplicación de técnicas ou dinámicas propias dos xogos a actividades ou contornas non recreativas axudan a potenciar e motivar a participación nas mesmas. É por isto que ao longo do curso utilizamos a ludificación (gamificación) nas clases de Matemáticas da ESO, para favorecer que o alumnado afiance os contidos traballados na aula previamente dun …

Ludificación nas clases de Matemáticas. Leer más »

Escaparate de Nadal

O alumnado de 2º da FP básica de Agroxardinería e composicións florais estivo a realizar estes días actividades relacionadas co Nadal. O alumnado estivo recollendo material vexetal que, posteriomente, enxugou mediante diferentes procesos de secado; logo empregouno para facer as distintas montaxes de Nadal como os tarros de cristal, os centros de mesa, as coroas …

Escaparate de Nadal Leer más »

Disfrutando na Granxa-Escola

Este curso estamos retomando moitas das actividades complementarias que estiveron en pausa por mor da pandemia, e unha das máis demandadas era a visita á graxa escola do noso colexio, e por fin a nosa rapazada puido desfrutar desta xornada. Acolleron a noticia con moito entusiasmo e emoción, sobre todo porque este ano ía ser …

Disfrutando na Granxa-Escola Leer más »

Ruta da Pedra e da Auga

O 24 de novembro, o alumnado de 1ºESO realizou a actividade complementaria da Ruta da Pedra e da Auga. Os obxectivos máis importantes da actividade eran dous. Practicar actividade física na naturena e realizar unha xornada de convivencia. Outros dos obxectivos da actividade foron coñecer e por en valor o noso patrimonio cultural, especialmente o …

Ruta da Pedra e da Auga Leer más »

Por Santa Icía volveron as veladas…

Este 22 de Novembro estaba marcado no noso calendario dende hai semanas. Tiñamos na nosa mente que o día da música sería para nós un verdadeiro punto de inflexión. Non podedes imaxinar o felices que nos sentimos todos ao poder celebrar unha vez máis unha velada musical no noso teatro, despois de case dous anos… …

Por Santa Icía volveron as veladas… Leer más »

Apaixonados polas tradicións: o magosto.

“Por san Martiño faise o magosto con castañas asadas e mosto”, di o refraneiro galego. O pasado luns celebrouse no colexio o magosto coas tradicionais castañas asadas, que puideron ser degustadas mentres os xogos populares cobraban vida grazas á coordinación do alumnado de 2ºESO. A música tradicional tamén estivo presente grazas aos “pipas” que, coa …

Apaixonados polas tradicións: o magosto. Leer más »