MovilizARTE

Esta semana o alumnado de 3º ESO lanzou a campaña MovilizARTE, unha campaña traballada dende as materias de EPVA e LCL.

Esta actividade está enmarcada dentro do proxecto de centro “POR UN MEDIO DE VIDA” e ten como obxectivo darlle unha segunda vida a eses móbiles “pasados de moda” e reconvertilos en material escolar, en concreto, en cámaras fotográficas.

Este proxecto dividímolo en varias fases. En primeiro lugar nas clases de LCL artellamos un texto conxunto entre todo o alumnado. Traballamos cunha dinámica de “chuvia de ideas”, debatimos, reelaboramos e finalmente chegamos ao acordo do texto definitivo. Ese texto serviunos para publicitar a campaña entre o resto do alumnado do centro xa que o día 10 de decembro foi lido durante os “bos días”. Xa sabedes, ese saúdo inicial que temos ao comezar a xornada.

Na material de EPVA, polo súa banda, deseñamos un cartel publicitario na aplicación CANVA. Nese cartel sintetizamos as ideas principais que queríamos transmitir e estructuramos os elementos artísticos que debían captar a atención do público.

Velaí algúns dos nosos deseños.

Finalmente o cartel gañador foi escollido entre todas as propostas por ter acadado un deseño rechamante e por ter ben ordeadas e sintetizadas as ideas principais da mensaxe publicitaria. Mirade que chulo quedou:

As accións publicitarias abarcaron os “Bos días”, o pendurado de carteis polos corredores a circular a pais e as mensaxes en RRSS.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *