Reinterpretamos una obra de arte con ReciclARTE

O alumnado de 3º ESO rematou o seu primeiro traballo vinculado co Proxecto de Centro, “POR UN MEDIO DE VIDA”.

A través da proposta ReciclARTE da materia de EPVA, a rapazada transformou papelería de refugallo en material artístico, ao convertilo en soporte para útiles pictóricos e técnicas gráfico-plásticas variadas.

Periódicos, embalaxes alimentarios, cartóns e moitos apuntes de clase antigos serviron para dar vida a dous productos artísticos traballados de xeito cooperativo.

Este curso 24-25 reinterpretamos duas obras de Frida Kalho e Boticcelli, “Autorretrato” e “O Nacemento de Venus”, dous cadros que nos permitiron traballar a imaxe feminina o longo da historia da Arte.

Despois da boa experiencia recollida o curso pasado co Guernica de Picasso, retomamos este ano o proxecto de crear de forma conxunta unha obra pictórica. Dividimos cada un dos cadros en seis partes, creamos plantillas que permitían traballar o debuxo de xeito rápido no sempre complicado formato A3. A rapazada elaborou bases de papel e cartón, creando textura e relevo. Unha vez feitas esas bases co material reciclado experimentaron materiais e técnicas variadas para aplicar a cor.

Finalmente fusionaron cada un dos fragmentos para obter unha reinterpretación moi especial dos dous cadros.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *