O pasado venres celebrouse en todo o mundo o Día Internacional da Muller e nada máis chegar ó pórtico do colexio atopámonos cun fermoso mural elaborado por María Jesús, orientadora do centro, que coa axuda de María (profe de tecnoloxía e matemáticas) quixeron homenaxear ás mulleres que formamos parte desta gran familia que é o Colexio Salesianos A Mercé. Nel tamén se expoñían algunhas das fotos da titoría do luns 4 de marzo, na que nos visitaron Victoria, Melisa e María, as mariscadoras que compartiron con nós a súa experiencia.
Profesoras, PAS e persoal da Granxa Escola formaban parte deste mural, onde as fotos, as flores rodeaban e as palabras se mesturaban para agradecer o labor de todas as mulleres traballadoras do colexio. O remate do poema dicía:
” O voso labor, a vosa entrega, a vosa forza sen par, son a alma e o motor que nos axuda a avanzar”
Os bos días do venres 8 de marzo foi realizado pola rapazada de 2º da ESO, que nos recordaron a importancia deste día e a necesidade de seguir loitando por unha igualdade real entre homes e mulleres. Durante os bos días pedíronnos que reflexionáramos sobre a cantidade de actitudes machistas ás que as mulleres se enfrontan a diario, moitas destas actitudes están tan aceptadas que mesmo pasan desapercibidas.
En cada clase deixaron papeis de cores para que cada alumna e alumno escribise algún micromachismo que podemos detectar a diario e posteriormente con estes papeis elaborouse un mural no que puidemos comprobar que aínda queda camiño por andar ata conseguir a igualdade real entre mulleres e homes.