HÁBITOS SAUDABLES 2023

Nesta entrada do blog imos expoñer algúns dos traballos realizados polo alumnado de 2ºESO dentro da materia de PEVS (Promoción de Estilos de Vida Saudable).

Os hábitos saudables fundaméntase principalmente nunha correcta alimentación e a realización de exercicio físico.

Pero tamén hai que ter en conta determinadas prácticas cotiás que poden influir na nosa saúde e que moitas veces non nos decatamos da súa importancia. Dende este enfoque realizáronse os traballos da segunda avaliación.

Imos co primeiro dos traballos. É un vídeo explicativo onde se explica aspectos importantes a ter en conta sobre as mochilas.

Pasamos agora ó formato de presentacións power point.

O seguinte traballo tenta concienciarnos da importancia de cuidar os nosos oídos e que practicas habituais son prexudiciais para os mesmos.

Imos agora cun traballo que trata da importancia da hixiene bucal. Aínda que poida parecer que a maioría das persoas saben o básico respecto o cepillado de dentes e cuidado da boca, varias das informacións recollidas neste traballo eran de descoñecemento por parte do alumnado: dirección correcta do cepillado dos dentes e moas, efectos secundarios dos enjuagues bucais, cepillado da lingua

No seguinte traballo danse consellos no uso das pantallas. Unha utilización incorrecta dos dispositivos electrónicos, teléfonos móbiles, pantallas de ordenador, televisión, etc, así coma un uso intensivo dos mesmos poden ter consecuencias para a nosa saúde.

Temos que ter moito cuidado co nivel de brillo das pantallas. O ideal nos teléfonos móbiles é que esté en modo axuste automático de brillo e a opción de eliminar a luz azul da que dispón a maioría dos dispositivos actuais.

É prexudicial para conciliar o sono o uso destes dispositivos antes de acostarse.

E para rematar imos cun tranballo que trata sobre a relaxación.

Vivimos nunha sociedade chea de velocidade, prisas, pouca paciencia… Con este traballo tentan concienciarnos das ventaxas de adicar uns minutos cada día a relaxarnos. Hai diferentes técnicas e actividades para iso, pero o importante e tomar conciencia da necesidade de facelo.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *