O alumnado de FPB dos ciclos de Peiteado e Estética e de Agroxardinería e Composicións Florais traballaron neste trimestre o Método científico.
A finalidade deste traballo foi que eles mesmos puideran diseñar o seu propio experimento e levalo a cabo nas instalación do laboratorio do noso centro.
Cada alumn@ pensou o seu experimento, fixo o diseño indicando tódolos materiais que necesitaban e elaborou o seu guión de prácticas para poder aplicar os contidos aprendidos ós seus compañeir@s.
Imos ver o seu traballo!
Así traballou o alumnado de 1º curso de Peiteado e Estética.
O primeiro grupo mostrou ós seus compañeiros como é o fluido non newtoniano. A característica deste fluido é que en condicións normais compórtase como un líquido, pero si lle aplicamos unha forza compórtase coma un sólido.
Alumnado de FPB Peiteado e Estética
O segundo grupo quixo explicar como é o principio de flotabilidad mediante o ben chamado “O pantasma da botella“.
O que pretendían explicar con este experimento é que sumerxindo un obxecto pode subir ou baixar sempre e cando teña aire no seu interior.
Alumnado de FPB Peiteado e Estética
O terceiro grupo quixo explicar como acontece o fenómeno da cristalización.
O seu experimento consistiu en sumerxir un pau de madeira nunha solución de agua con azucre. Dado que xurdiron certas dúbidas durante o seu experimento, decidiron realizar dúas probas con diferente concentración de azucre. Para evitar confusións de cal era cal, decidiron empregar diferentes colorantes para poder diferencialos.
Alumnado de FPB Peiteado e Estética
O cuarto grupo de alumnos do ciclo de FPB Peiteado e Estética amosaron o efecto vacío causado por unha diferencia de presións.
As alumnas quixeron meter un ovo dentro dunha botella sen tocalo. Simplemente metendo un misto dentro da botella.
Alumnado de FPB Peiteado e Estética
A continuación mostramos o traballo realizado no laboratorio polo alumnado de 2º curso de Agroxardinería e Composicións Florais.
O primer alumno quixo explicar ós seus compañeiros o proceso de oxidación.
Para levar a cabo dito experimento empregou un tornillo e o cubreu con diferentes substancias (aceite, sal, bicarbonato e zume de limón) durante 15 días.
Alumnado de FPB Agroxardinería
A segunda alumna quixo explicar ós seus compañeiros o cambio de densidade dunha substancia sometida a diferentes temperaturas.
Para poder realizar o seu experimento, simplemente empregou auga fría e auga quente. As dúas mostras de auga se mezclaron con diferentes colorantes para poder observar os resultados do experimento.
O tercer alumno quixo explicar a velocidade de disolución de dous compostos.
Para poder realizar o seu experimento, empregou cacao puro e Nesquik e disolveunos en auga a temperatura ambiente.
Como podedes comprobar, todo o alumnado fixo un gran traballo.
Estade atent@s, porque seguiremos subindo todo o material pendente deste trimestre.