Na materia de tecnoloxía, nos distintos módulos da FPB de Agroxardinería e incluso en música o alumnado empregades o taller do que dispón o cole, pero… como podedes sacarlle o máximo partido o tempo de traballo do que dispoñedes? como se evitan os accidentes? que significa traballar en grupo?
A continuación tedes unha pequena guía que dará resposta a todas esas preguntas e fará que disfrutedes máis de ese fermoso espazo.
Antes de ir ao taller:
- Comproba que tes todo o material que precisas. Algunhas veces teredes que traer das vosas casas unha cartolina ou cartón, por exemplo.
- Ten realizado un borrador do informe técnico que entregaras ao finalizar o proxecto:
- Ferramentas e materiais necesarios.
- Vistas acotadas e bosquexos da construcción
- Temporalización e reparto das tarefas.
Durante a sesión de traballo:
- Respeta as normas de seguridade e boas prácticas*.
- Traballa en equipo*.
- Segue correctamente a orde das técnicas de traballo:
- Operacións previas.
- Técnicas de fabricación.
- Técnicas de unión.
- Técnicas de acabado.
- Traballa a bo ritmo, sen presas pero sen pausas.
Cando finalice a sesión:
- Deixa a ferramenta recollida no mesmo lugar de onde a recolleches.
- Limpa o teu posto de traballo (mesa e chan) tentando que quede en mellor estado do que o encontraches.
- Garda os traballos en elaboración no lugar que o profe destinou a ese fin.
Normas de seguridade e hixene no taller:
Traballar en equipo:
Repartide os roles entre os membros do grupo de traballo:
- Portavoz: é o representante oficial do equipo ante o docente.
- Secretario: encárgase de redactar o informe técnico do equipo.
- Tesoureiro: Controla os gastos do equipo e reparte o importe das facturas.
- Encargado de recursos: controla o uso das ferramentas e tenta aproveitar ao máximo os materiais.
Recordade que en calquera equipo ten que haber unha persoa que actue como capitán, eso non significa que o teña que facer todo ou que mande máis que o resto, simplemente é o alumno/a que dirixe o traballo dos demais dende o consenso.
Ademáis para que un grupo de traballo funcione hai cousas que debemos facer e outras que debemos evitar:
O que debemos facer:
- Escoitar atentamente aos compañeiros/as.
- Ver a parte positiva das ideas dos demais.
- Razoar as ideas que cada un propón.
- Repartir o traballo de forma equilibrada.
- Axudar aos compañeiros/as que teñan dificultades nalgunha tarefa.
- Cumplir os acordos aos que chegou o equipo.
- Ofrecerse voluntario/a para realizar tarefas pouco atractivas.
O que debemos evitar:
- Falar mentres interveñen outros compañeiros ou menosprecialos cando se equivocan.
- Despreciar as ideas dos compañeiros e impoñer as propias.
- Permitir que algúns membros do grupo carguen con todo o traballo.
- Tomar decisións sen consultar aos demais.
- Pretender facer só o que se nos da ben ou que nos gusta máis.
Recordade que é igual de malo tentar realizar o traballo un só como non facer nada.
O resultado final do teu proxecto vai a ser valorado, pero de seguro o profe vai a ter moi en conta como chegaches a ese resultado. Segue as indicacións anteriores e as horas nesta aula taller pasarán voando.