Esta pasada fin de semana, celebrouse a Feira SALÓN LOOK en Madrid, este é un evento profesional de referencia organizado por IFEMA MADRID ,para as empresas do sector da Imaxe Persoal dentro do panorama nacional e internacional.
O profesorado quixo que o noso alumnado o puidese ver e desfrutar de primeira man, por iso os acompañaron a Madrid 3 días, unha viaxe curtiña pero intensa, na que visitaron a Feira, onde practicaron a comunicación, mostrando interese en moitos dos stands que alí se atopaban. Puideron facer unha inmersión no mundo profesional, talleres de corte, maquillaxe, manicuras e moito máis. Porén tamén deron unha voltiña polos lugares de máis interese da capital, desfrutando dos recunchos da cidade.
Aquí unha mostra en Imaxes.