“Composteando”

O xoves 29 de abril, os alumnos de FPB de Agroxardinería e Composicións Florais realizaron una saída ó centro de compostaxe do concello de Cambados. O obxectivo desta saída foi ver o funcionamento dun composteiro e así poder trasladar a metodoloxía dun composteiro en funcionamento ó noso ciclo de formación profesional. Comezamos o día cunha formación sobre a importancia da reciclaxe, que é a compostaxe e o funcionamento dos composteiros. Durante a formación, os rapaces e rapazas do noso ciclo afianzaron parte dos conceptos aprendidos e aproveitaron para preguntar as dúbidas ó mestre composteiro Quique (Enrique Pintos).

Despois da formación, os rapaces e rapazas de FPB mostraron ó mestre cosposteiro o lugar onde están a poñer en marcha o composteiro do centro.

Despois diso os alumnos e alumnas, xunto con Quique, dirixíronse a visitar un dos centros de compostaxe do Plan Revitaliza ubicado no concello de Cambados.

Alí , os alumnos e alumnas do Obradoiro de emprego ” Xestión de Residuos” explicáronnos en que consistía o seu labor diario no centro de compostaxe: comprobar que os residuos que engadiron os veciños eran os adecuados (no caso de que non fora así, retirar os resíduos inadecuados), comprobar que engadiran o estruturante, comprobar que na bolsa de estructurante quedara material… Ademais, tamén explicaron a importancia que tiña revisar a temperatura e a humidade dentro do composteiro, remexelo e movelo para que adquira as condicións idóneas para a súa elaboración.

Dámoslle as grazas a Quique, mestre composteiro, por explicarnos a importancia de empregar os centros de compostaxe, xa que o lixo orgánico que xeramos supón mais dun 50% da bolsa do lixo. E con este pequeno xesto reducimos a contaminación, reducimos os costes de xestión dos residuos, xa que reducimos a cantidade de materia orgánica que vai os vertedoiros e, ademais, conseguimos un fertilizante estupendo para as nosas hortalizas! Novamente, moitas grazas Quique por pasar o día con nós.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *