CHROMEBOOKS en EPVA

Esta semana o alumnado de 1º ESO da área de EPVA estreou os novos chromebooks cos que xa conta o cole. Esta nova inversión en tecnoloxía poderá axudarnos a actualizar e dixitalizar as metodoloxías didácticas dentro da aula. Por fin temos a sorte de non depender únicamente da aula de informática e de eliminar os incómodos traslados. Os novos ordeadores persoais, con soporte GOOGLE CHROME, axúdanos a flexibilizar a temporalización dentro dunha mesma sesión de clase, dinamiza as metodoloxías de aprendizaxe i engade unha motivación máis a un alumnado que cada vez se desenvolve con máis fluidez no mundo dixital.

Tamén aproveitamos esta estrea para iniciar o traballo en grupos cooperativos. Unha vez pasada a primeira avaliación, onde o alumnado participou en técnicas de socialización e adaptouse o sistema de traballo do cole, estamos preparados para definir con máis acerto os grupos de traballo. Comezamos organizándonos en parellas informais; un traballo sinxelo, dunha sesión de duración. A tarefa principal foi trastear no blog da materia: http://plasticasalesianos.blogspot.com/

O alumnado repasou a teoría sobre ángulos, compartiu coñecementos, visualizou tutoriais sobre procedementos xeométricos das operacións de ángulos, practicou o aprendido na carpeta de recursos e incluso tivo tempo para un exercicio de investigación.

Velaí os tedes super concentrados no traballo.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *