Salesianos

A Mercé

cambados

Benvidos

O noso cole

A nosa escola promove a educación integral dos alumnos/as de acordo coa percepción cristiá do home, da vida e do mundo, segundo o estilo de San Xoán Bosco e prepáravos para participar activamente na transformación e na mellora da sociedade.

Visita as nosas redes

Horario

Luns - Xoves | 9:30AM - 17:10PM Venres | 9:30AM - 14:15PM

o noso comedor

Ingredientes de calidade, boa comida

O servizo de comedor enmárcase dentro do noso sistema educativo. Non quere simplemente satisfacer o crecemento e o fortalecemento do corpo, senón que é un espazo educativo como calquera actividade colexial. Así, ademais do coidado menú diario, queremos que os nosos convidados crezan e maduren en compañerismo e sentido social.

Proxectos de futuro

proxecto resiliencias

Coa colaboración de Merchi Álvarez (GaliciAME)

Resiliencia é a capacidade de adaptación dun ser vivo fronte a un estado ou situacións adversas. Esta é a aprendizaxe fundamental que vai realizar o noso alumnado a través do proxecto de aprendizaxe-servizo que iniciamos. Aprenderán a crer nas súas posibilidades, a mellorar día a día, a adaptarse ás circunstancias, a medrar como persoas, en definitiva, é un proxecto para traballar as fortalezas individuais. Ao longo do curso coñecerán diferentes exemplos de superación persoal que lles servirán de exemplo para acadar os seus propios obxectivos, para desenvolver a empatía e valorar os seus propios logros...

Testimonios de alumnos...

"Despois de catro anos neste centro garantizo que conta cunhas instalacións boas e un ambiente moi familiar! Este colexio é único polo feito de que nos preparan academicamente pero tamén para afrontarnos a vida, ensinándonos valores como o respecto, compañerismo, humildade, educación e maneira de como afrontar os nosos medos. A mellor etapa da miña vida ata agora foi nos Salesianos!
Gracias familia!"

- Alejandra Tilve (4ºA)

"Los Salesianos es un instituto diferente a los demás, tiene unas instalaciones muy buenas y muy grandes, hay granja, una capilla, un teatro muy grande... A mí me gustan como se hacen aquí las clases. Además hay actividades que no se hacen en otros institutos .
Yo lo recomiendo."

- Mónica Otero (4ºB)

Chámanos

986 542 750